Proxectos
tanxibles

O compromiso de “Responsábeis” materialízase en proxectos tanxibles que están a redefinir a paisaxe urbana e a nosa relación con ela. Estas actuacións son o reflexo dun modelo de cidade que aposta polas persoas e o medio ambiente.

Proxectos
tanxibles

O compromiso de “Responsábeis” materialízase en proxectos tanxibles que están a redefinir a paisaxe urbana e a nosa relación con ela. Estas actuacións son o reflexo dun modelo de cidade que aposta polas persoas e o medio ambiente.

01

Renaturalización
do río dos Gafos

Este ambicioso proxecto, cun orzamento de 4,6 millóns de euros, non só destapará un tramo do río que leva décadas soterrado baixo o formigón, senón que creará un novo parque fluvial de 21.000 metros cadrados. Esta actuación duplicará o número de árbores, creará novas zonas verdes e axudará a previr inundacións, transformando por completo a fisionomía do barrio de Campolongo.

02

Creación do
Parque da Parda

Está chamada a converterse na zona verde urbana máis grande da cidade. Cun investimento superior aos 5 millóns de euros, este parque de máis 34.000 metros cadrados non só será un novo pulmón para a cidade, senón que conectará de forma natural o barrio da Parda co parque do Gafos, creando un gran corredor verde.
É un claro compromiso municipal coa creación da recuperación de espazos públicos para uso cidadá.

03

Recuperación da
Xunqueira da Gándara

Outro dos fitos na axenda da sustentabilidade. O traslado do parque de maquinaria da Deputación ao polígono de Barro foi o inicio da agardada renaturalización deste valioso espazo natural, declarado Espazo Natural de Interese Local en 2012.

04

Barrio de Mollavao

O modelo de transformación urbana tamén se estende a outros barrios, como Mollavao, onde se proxecta unha nova vía que conectará Rosalía de Castro coa avenida de Marín. Esta infraestrutura, longamente agardada, permitirá reducir o tráfico no núcleo do barrio, humanizar a contorna e ampliar as beirarrúas, en definitiva, creando vida de barrio en Mollavao.

05

Novo contrato
de residuos

O novo contrato de residuos contribuirá ao cambio de paradigma da xestión dos residuos municipais que se busca desde o Goberno local. A participación e colaboración da veciñanza é fundamental para que sexa un éxito, e conseguirase cunha soa acción: separar, separar e separar. 

Pontevedra está preparada para liderar esta nova transformación. Unha transformación que comeza na conciencia de cada un de nós: na forma en que consumimos, en como nos movemos e, por suposto, na maneira en que xestionamos os nosos residuos. Este non é o reto duns poucos, é o compromiso de todos e todas. É o seguinte paso lóxico no noso camiño.
Xa o fixemos antes. E volveremos acadalo. Súmate ao cambio.

SEXAMOS RESPONSÁBEIS.