Declaracións de bens e de actividades da Corporación Municipal de Pontevedra
De conformidade coa lexislación sobre réxime local, o persoal corporativo e non corporativo sinalado no art. 25 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións deste Concello (ROP) está obrigado a presentar as declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, e as declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais. Deberán facelo con ocasión da toma de posesión, variacións e do cesamento, así como presentar unha declaración de variación anual. As declaracións efectuaranse segundo os modelos aprobados polo Pleno. Todo segundo o referido ROP nos seus arts 25 e seguintes.
Tamén se incluirán nesta páxina, de existir, declaracións de compatibilidade e compensacións respecto de actividades realizadas logo do cese, de acordo co art. 30 bis do ROP.
Respecto do persoal electo a súa publicidade prodúcese neste portal web, figurando a continuación as súas diferentes declaracións.
| Concelleiros | Bens patrimoniais | Actividades |
|---|---|---|
| Gerardo Pérez Puga (PP) | Declaración | Declaración |
| María do Carme da Silva Méndez (BNG) | Declaración Declaración por cese | Declaración Declaración por cese |
| Pablo Fernández López (PP) | Declaración Declaración por cese | Declaración Declaración por cese |
| Paloma Castro Rey (PSOE) | Declaración Declaración por cese | Declaración Declaración por cese |
| Concelleiros | Bens patrimoniais | Actividades |
|---|---|---|
| Paloma Castro Rey (PSOE) | Declaración Declara por CESE | Declaración Declara por CESE |
| Concelleiros | Bens patrimoniais | Actividades |
|---|---|---|
| Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) | Declara por CESE | Declara por CESE |
| Luís Alberto Oubiña Piai (BNG) | Declara por CESE | Declara por CESE |
| Pilar Comesaña Hermida (BNG) | Declara por CESE | Declara por CESE |
| María do Carme Fouces Díaz (BNG) | Declara por CESE | Declara por CESE |
| Agustín Fernández González (PSOE) | ||
| Gregorio Revenga Portela (Concelleiro non adscrito) | Declara por CESE | Declara por CESE |
Respecto do restante persoal obrigado, calquera cidadán que así o estime, poderá presentar solicitude de acceso nos termos do apartado 3 do art. 30 do Regulamento orgánico do Pleno e das súas comisións, que será resolta segundo tal precepto. No seguinte enlace relaciónanse a tal efecto os cargos ou postos en cuestión e as persoas titulares.