Inicio > Concello > Goberno Local > Xunta de Goberno Local

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do Alcalde, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde e que exerce as funcións executivas e administrativas que lle atribúen as leis e especificamente o artigo 127 da Lei Reguladora das bases de réxime local. (Art. 19 do Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración do Concello de Pontevedra).

A Xunta de Goberno Local está integrada polo Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e un número non superior ao tercio do número legal dos concelleiros que compoñen o Pleno.

Membros da Xunta de Goberno Local:

  • Eva María Villaverde Pego
  • Anabel Gulías Torreiro
  • Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
  • Demetrio Gómez Xunqueira
  • Raimundo González Carballo
  • María Xosé Abilleira Novo
  • Xaquín Moreda González
  • Alberto Oubiña Piai

O secretario da Xunta de Goberno Local é Raimundo González Carballo.

Os/as tenentes de alcalde citados/as substituirán, pola orde do seu nomeamento, ao alcalde na totalidade das súas funcións nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, sen prexuízo de efectuar en cada caso a correspondente delegación.

O portavoz do Goberno é o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

A Xunta de Goberno reúnese todos os xoves, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do terceiro andar da sede municipal, en Michelena, 30.

Acordos das Xuntas de Goberno Local

Documentación: