Search
Close this search box.
Inicio > Participa > Dános a túa opinión > Procesos conclusos > Regulamento de abastecemento de auga

Regulamento de abastecemento de auga

Participación no procedemento de elaboración do Regulamento do Servizo de abastecemento de auga potable do Concello de Pontevedra

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na súa calidade de organización máis representativa potencialmente afectada pola elaboración e futura aprobación do novo Regulamento do servizo de auga potable do Concello de Pontevedra, solicítase a súa opinión, co fin de que, nun prazo de 10 días hábiles poida presentar, a través da páxina web, o parecer da súa organización e as suxestións que estime procedentes, verbo das seguintes cuestións que se desenvolven na copia da consulta que se remite previa á elaboración do proxecto de regulamento:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

O concelleiro responsable da área de economía e facenda
Raimundo González Carballo