Inicio > Concello > Corporación > Plenos

Plenos

O Pleno do Concello de Pontevedra é o órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal. Está formado polo alcalde e os concelleiros (Art. 40 do Regulamento Orgánico do Pleno e as súas Comisións do Concello de Pontevedra).

O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias o penúltimo luns de cada mes, ás 11 horas. Esta data variará, e poderá alterarse, de coincidir tal día en festivo ou tratarse dos meses de agosto ou decembro, de acordo co establecido no art. 57 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións.

Non obstante, facúltase á Xunta de Portavoces para que, puntualmente, poda alterar a data dalgunha sesión ordinaria, sempre que se celebre no mesmo mes.

Establécese como sede para a realización de tódalas sesións plenarias o salón de plenos da Casa do Concello.

O acceso ao salón de sesións pódese realizar durante toda a sesión, previa acreditación con nome, apelido e DNI na porta principal da Casa Consistorial. A acreditación poderá efectuarse por calquera medio válido ao efecto (DNI, permiso conducir, pasaporte). O acceso realizarase de forma ordenada e ata a cobertura do aforo, de ser o caso.

En canto á saída, pódese realizar durante toda a sesión plenaria, en silencio e de maneira ordenada.

Non se efectúan reservas con anterioridade.

Información facilitada en cumprimento da normativa de protección de datos:

PROTECCIÓN DE DATOS
Responsable do tratamento Concello de Pontevedra
Finalidades do tratamento Xestionar as asistencia ás sesións plenarias do Concello de Pontevedra; así como a seguridade dos espazos e das persoas asistentes.
Lexitimación para o tratamento De conformidade co art. 8.2 da LO 3/2018:

O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos segundo o previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e na Lei Orgánica 7/2021, do 26 de maio, de protección de datos persoais tratados para fins de prevención, detección, investigación e axuizamento de infraccións penais e de execución de sancións penais.

Así mesmo, en canto que parte da previsión legal de celebración pública das sesións plenarias (art. 70 da Lei 7/1985; art. 253.1 da Lei galega 5/1997); e a consecuente necesidade de garantir a súa orde e seguridade. (Potestades de dirección das sesións pola súa Presidencia: art. 124.4 d) Lei 7/1985; art. 61.1 c) Lei galega 5/1997; art. 62.3 Regulamento Orgánico do Pleno; art. 88.3 RD 2568/1986...)
Destinatarios dos datos As Administracións públicas no exercicio das súas propias competencias.
Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revocar o consentimento segundo o previsto en https://www.pontevedra.gal/.
Máis información e contacto coa persoa delegada de protección de datos https://sede.pontevedra.gal/public/dynamic/dataprotectionpolicy/dataprotectionpolicy.xhtml

Sesións plenarias do Concello de Pontevedra

Emisión do pleno en directo por Youtube