Search
Close this search box.
Inicio > Áreas > Cemiterios

Cemiterios

O Concello de Pontevedra ten ao seu cargo o mantemento e xestión de cinco cemiterios municipais: Campañó, Bora, Ponte Sampaio, Lourizán e San Amaro. Os catro primeiros son camposantos situados nas parroquias do rural, e o de San Amaro está situado na zona leste da cidade. É, sen dúbida, o máis grande de todo o municipio.

Mantemento, conservación, limpeza, xardinería son algúns dos traballos que habitualmente fai o Concello de Pontevedra nestes cemiterios, que son especialmente intensos achegándose a data do 1 de novembro, día de Todos os Santos.

Para solicitar concesións de nichos ou columbarios, cómpre presentar no rexistro do Concello unha solicitude no momento no que se inicie o procedemento de concesións de nichos e columbarios baleiros.

Para calquera consulta pode chamar ao teléfono 986 855 259, ou escribir a cemiterio@pontevedra.eu.

Cemiterio de San Amaro 900px