Participación no procedemento de elaboración dunha nova ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Pontevedra
Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ábrese o trámite de consulta pública para recabar a opinión da cidadanía e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola elaboración dunha nova Ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Pontevedra, en relación coas seguintes cuestións:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
O prazo para presentar as suxestión é de 20 días hábiles os cales rematarán o día 11 de abril de 2022 e realizaranse a través do formulario web habilitado máis abaixo.
A Sra. Concelleira delegada de réxime interior, contratación e promoción da cidade
Anabel Gulías Torreiro