Search
Close this search box.

Mobilidade amábel

Pontevedra SUMA logo
GRAFISMO cabeceira SUMA
TITULAR sumate a mobilidade amabel

Descarga aquí o folleto informativo

Descarga aquí a ordenanza municipal de mobilidade

TITULAR quen ten prioridade en Pontevedra

1. Peons. Están considerados peóns ou peoas: a persoa que empurra un carriño de bebé ou a cadeira dunha persoa con diversidade funcional, a persoa que circula a pé con bicis, ciclomotores…, as persoas con diversidade funcional en cadeira de rodas, os menores de 12 anos en bicicleta, monopatín, patíns…

2. Bicicletas (incluídas as de pedaleo asistido), patíns e vehículos de mobilidade persoal (VMP)

3. Vehículos motorizados: motocicletas e turismos

GRAFICA quen ten prioridade en Pontevedra
TITULAR que e un VMP vehiculo de mobilidade persoal BCO
ICONO vmp patinete electrico

Son vehículos de unha ou máis rodas, dotados de unha única praza, capaces de asistir ao ser humano no seu desprazamento persoal. A persoa que manexe ou vaia ao mando do VPM ou dun vehículo lixeiro propulsado por motor eléctrico, terá a consideración de persoa condutora de vehículo

Os patíns (skaters) non poden circular pola calzada. Teñen que circular polos espazos peonís e de coexistencia respectando a velocidade do peón ou da peoa

ICONO vmp patinete
TITULAR que tipo de ruas hai en Pontevedra
GRAFICO que tipo de ruas hai en Pontevedra
TITULAR 1 de coexistencia

Rúas, prazas ou espazos declarados de preferencia peonil e os non dedicados á circulación de vehículos mecanizados e/ou motorizados e pistas do rural.

TITULAR 2 de trafico mecanizado ou motorizado

As calzadas.

TITULAR 3 de uso exclusivo peonil

Beirarrúas, plataformas peonís, paseos, pasos de peóns, prazas, xardíns, parques e praias.

TITULAR por onde podo circular
ICONOS peons

Peóns

A peoa ou o peón teñen prioridade por todo o espazo público do concello, agás nas calzadas.

ICONOS bicis e vmp

Bicis, VMP...

Bicis, VMP… deben circular pola calzada, pero poden circular polas zonas de coexistencia á velocidade dos peóns. Teñen prohibido circular por beirarrúas e demais zonas da vía reservada a uso exclusivo peonil

ICONOS coches e motos

Coches e motos

Coches e motos deben circular pola calzada e poden circular polas zonas de coexistencia á velocidade dos peóns e das peoas sen causarlles perturbacións nin orixinarlles perigos

GRAFICA por onde podo circular correxido
TITULAR e se teño menos de 12 anos

Podo circular en bici, patín e outros xoguetes ou aparellos polas beirarrúas e polas zonas de preferencia peonil respectando a velocidade dos peóns e das peoas

TITULAR e se tenho VMP

• Estou considerado condutor/a

• Debo circular pola calzada se teño máis de 15 anos e nas vías limitadas a
30 km/h ou menos

• Podo circular por zonas de preferencia peonil coas mesmas condicións ca unha bicicleta (á velocidade das peoas e dos peóns)

• Teño prohibido circular por todas as zonas reservadas a peóns e peoas (beirarrúas, parques…)

• Podo ser sancionada/-o polo emprego de teléfonos móbiles e auriculares, por taxas de alcohol superiores ás permitidas, presenza de drogas, falta de alumeamento ou elementos reflectores en circulación nocturna ou por rectificar o motor

• O uso do casco é obrigatorio no mesmo caso que nas bicicletas

• Teñen a obriga de cumprir todas as normas relativas aos vehículos en xeral, o igual que os sentidos de circulación

ICONO semaforo
TITULAR onde podo aparcar en Pontevedra

• Ningún vehículo poderá ficar estacionado indefinidamente na vía pública. O prazo máximo é dun mes nas zonas de estacionamento libre

• Nunca podo estacionar o meu coche, moto, bicicleta, patín… nos espazos de preferencia peonil

• Podo estacionar 15 minutos nos aparcadoiros de servizos para realizar unha actividade económica ou residencial na cidade (transporte de vultos por un residente, traslado de persoas con problemas de mobilidade, recollida de obxectos no comercio local, acceso a hoteis ou actividades similares, mudanzas…)

• Se son un profesional tamén podo usar as zonas de carga e descarga

• Se son usuario/a dunha tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, ademais dos estacionamentos de servizos e libres, teño reservadas prazas adaptadas e sinalizadas por todo o Concello

TITULAR a que velocidade podo circular en Pontevedra
ICONO velocidade 30 km h

30 km/h en todas as vías municipais, aínda que se pode rebaixar a 20 km/h cando as condicións da vía o aconsellen

ICONO velocidade 10 km h

10 km/h no centro histórico, zonas de preferencia peonil e espazos de coexistencia.
A velocidade dos vehículos baixará á velocidade da peoa e do peón (6 km/h) cando se estea en presenza de persoas que camiñan, con quen se manterá unha distancia de seguranza de 1,5 metros (a mesma distancia que aos portais e aos cruzamentos)

Pontevedra SUMA logo pequeno
Concello de Pontevedra logo branco

Ordenanza Mobilidade Amábel

Seleciona o idioma no que queres descargar a ordenanza reguladora da mobilidade amábel e da utilización dos espazos públicos no Concello de Pontevedra.