Search
Close this search box.
Inicio > Participa > Dános a túa opinión > Procesos conclusos > Regulamento dos Mercados Municipais de Abastos

Regulamento dos Mercados Municipais de Abastos

Participación dos cidadáns no procedemento de modificación do Regulamento dos Mercados Municipais de Abastos do concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten o propósito de modificar o regulamento municipal dos Mercados municipais de Abastos coa intención de poder engadir dentro das obrigas dos concesionarios do primeiro andar un servizo de limpeza acorde cos novos usos e co horario que se van desenvolver. Con tal motivo, deséñase un proceso participativo aberto ás asociacións e veciñanza interesada en debater e achegar respecto a esta iniciativa municipal.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

A Sra. Concelleira de Goberno responsable de Urbanismo, Promoción Económica, Emprego e Turismo
Anabel Gulías Torreiro