Search
Close this search box.
Inicio > Participa > Dános a túa opinión > Procesos conclusos > Ordenanza utilización espazos públicos e mobilidade amábel

Ordenanza utilización espazos públicos e mobilidade amábel

Participación no procedemento de elaboración da ordenanza reguladora da utilización dos espazos públicos e da mobilidade amábel no Concello de Pontevedra

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na súa calidade de organización máis representativa potencialmente afectada pola elaboración e futura aprobación da nova “Ordenanza reguladora da utilización dos espazos públicos e da mobilidade amábel no Concello de Pontevedra”, solicítase a súa opinión, co fin de que, nun prazo de 10 días hábiles poida presentar, a través da páxina web, o parecer da súa organización e as suxestións que estime procedentes, verbo das seguintes cuestións que se desenvolven na copia da consulta que se remite, previa á elaboración do proxecto de ordenanza:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Os obxectivos da norma
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do formulario desta páxina, que atopará máis abaixo, e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

O Sr. Concelleiro de Goberno responsable da área de sostemento de espazos públicos, obras, participación social e territorial
Demetrio Gómez Xunqueira

FORMULARIO