Search
Close this search box.
Inicio > Concello > Goberno Local > Delegacións de Goberno

Delegacións de Goberno

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria do 17 de xuño de 2023 acordou delegar competencias da Xunta de Goberno Local en concelleiros e directores xerais. O artigo 127 da Lei 7/1985 reguladora de bases de réxime local establece a posibilidade de que a Xunta de Goberno Local delegue nos membros aos que fai referencia no seu apartado segundo. Así mesmo, o Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración do Concello de Pontevedra prevé esa posibilidade no seu artigo 22.

Delegacións de áreas

Portavocía do goberno. Coordinación e dirección política do goberno. Relacións con outras administracións, convenios con outras administracións e entes do sector público, infraestruturas e actuacións de outras administracións e entes públicos, salvo ás que se deleguen puntual e expresamente.

Coordinadora: Eva Vilaverde Pego.

ÁREA LEGAL E ECONÓMICA
Responsábel: Raimundo González Carballo.

  • Secretarías, Asesoría Xurídica, Contratación, Contratos de auga e de residuos, Intervención, Facenda, Tesourería, Ordenanzas fiscais e económicas, Orzamentos e as súas modificacións. Xestión dos fondos europeos.

ÁREA DE SERVIZOS NON TERRITORIALIZADOS
Responsábel: Eva Vilaverde Pego.

  • Xestión de recursos humanos. Protección cidadá: policía, bombeiros, protección civil. Ocupación de espazos públicos. Patrimonio, Réxime Interior, Padrón, novas tecnoloxías na administración.

 

Coordinadora: Luis Alberto Oubiña Piay.

ÁREA DE PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO
Responsábel: Luis Alberto Oubiña Piay.

  • Ordenación do territorio e do ambiente natural, urbanismo, disciplina ambiental e urbanística. Xestión urbanística e ambiental. Actuacións en materia de vivenda, ARI’s. Patrimonio histórico edificado e etnográfico.

ÁREA DE XESTIÓN AMBIENTAL E TERRITORIAL
Responsábel: Mª Xosé Abilleira.

  • Infraestruturas, dotacións e servizos municipais no rural: de nova planta e sostemento dos existentes. Parques forestais. Ríos, praias, fontes e lavadoiros no rural.

 

Coordinador: César Mosqueira.

ÁREA DE SERVIZOS URBANOS BÁSICOS
Responsábel: Xaquín Moreda.

  • Sostemento dos espazos públicos urbanos e dos elementos de urbanización. Recollida e tratamento de residuos. Limpeza viaria. Subministro municipal de auga potábel. Fontes urbanas. Recollida de augas residuais. Parques, xardíns, espazos libres e praias urbanas.

ÁREA DE MELLORA URBANA
Responsábel: César Mosqueira.

  • Ordenación da mobilidade urbana. Impulsión do PMUS. Urbanizacións e reurbanizacións. Estacionamentos: Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión. Ordenación do estacionamento en vías públicas en todo o ámbito urbano. Transporte público.

 

Coordinadora: Anabel Gulías.

ÁREA DE DINAMIZACIÓN SOCIAL E CULTURAL
Responsábel: Demetrio Gómez.

  • Actividades culturais e sociais. Festas. Xestións das instalacións municipais socio culturais. Normalización lingüística e cultural. Memoria Histórica. Educación nos seus diferentes niveis. Xuventude.

ÁREA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, DO BENESTAR, DA SAÚDE E DA ECONOMÍA
Responsábel: Anabel Gulías.

  • Igualdade.
  • Actividade física e deportiva. Xestión das instalacións de actividade física municipais. Envellecemento activo. Servizos Sociais. Sanidade. Sanidade animal; refuxio. Cemiterios.
  • Políticas de emprego. Promoción exterior da cidade e do turismo. Grandes eventos. Sociedade de turismo. Mercados, matadoiro. Consumo responsábel. Promoción do uso das novas tecnoloxías.

 

Documentación: