Inicio > Participa > Plans de Parroquia > Os Consellos e os Plans de parroquia

Os Consellos e os Plans de parroquia

Os consellos parroquiais

Están concebidos como órganos de participación democrática. Neles teñen representación todos os sectores do ámbito territorial da parroquia: veciñais, comunais, culturais, etc. O seu obxectivo é planificar as actuacións do Goberno Municipal en cada parroquia e fixar prioridades a curto, medio e longo prazo. Coas súas prioridades elaboráronse os plans de parroquia, que marcarán as actuacións en cada territorio nos vindeiros anos.

Os plans de parroquia

Os contidos dos plans das parroquias desenvólvense en varios ámbitos:

  1. Posta en valor do patrimonio cultural.
    1. Patrimonio material: patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico.
    2. Patrimonio inmaterial: toponimia, literatura oral, costumes e tradicións…
  2. Posta en valor do patrimonio ambiental.
    1. Cursos de auga, humedais…
    2. Terreos forestais, demais territorio…
  3. Mellora da mobilidade.
    1. Infraestruturas
    2. Seguranza viaria.
  4. Mellora de servizos.
    1. Auga e saneamento.
    2. Iluminación pública.
    3. Recollida de RSU´s e outros.
  5. Dotacións e equipamentos.
    1. Centros cívicos.
    2. Parques, espazos públicos, áreas de xogo.