A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez. Coa súa veciña Santo André de Xeve estivo unida nun mesmo concello agora inexistente, pero queda como testemuña disto o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.
En Santa María de Xeve destaca a chamada “Casa Gondar”, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.
Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.
O Consello parroquial de Santa María de Xeve
- Xunta de Montes
- 2 representantes de AA.VV. Os tres pinos
- Comunidade de augas dos Fontáns
- Comunidade de augas da Igrexa
- Comunidade de augas de Frieiro
- 2 representantes de Comunidade de augas de Gatomorto
- Comunidade de augas de Couso
- C.F. Gondar
O Plan de parroquia
O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está integrado polos seguintes documentos: