Ao pé do monte da Fracha sitúase a parroquia de Marcón, que na súa época pertenceu ao entón concello de Mourente. Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora e Mourente.
A súa igrexa parroquial (que mestura maxistralmente estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.
Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.
A parroquia celebra as festas de san Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.
O Consello parroquial de Marcón
- Comunidade de Montes
- ANPA CEIP Marcón
- 2 representantes de Asociación Os Carballos
- Comunidade de augas de Valladares-Pazos
- 2representantes de Asociación Os Carballos
- Comunidade de augas da Hermida
- Comunidade do Cemiterio
- 3 representantes de Marcón Atlético
- 2representantes de Comunidade de augas Ría Arriba
- Comunidade de augas de Pintos
- Maratón de Pintos
O Plan de parroquia
O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos: