A parroquia de Bora formou parte do antigo concello de Mourente e limita coas parroquias de Santo André de Xeve, Marcón e Mourente. Presenta un terreo bastante accidentado bañado polas augas dos ríos Lérez e Almofrei.
Merecentes de visitar son as dúas pontes antigas. Unha destas pontes ten grande importancia histórica por librarse nela en 1809 unha decisiva batalla contra os invasores franceses.
A igrexa parroquial conserva dúas imaxes do século XVI de San Pedro e Santiago esculpidas en pedra.
A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.
O Consello parroquial de Bora
- 2 representantes da Comunidade de montes Portela Veleitar
- Monte Valo-Couto
- 4 representantes da Comparsa Amoriños de Bora
- 2 representantes do Bora C.F.
- Asociación de veciños de Bora
- ANPA de Bora
- Xunta de Montes
- AA.VV Coordinadora de Bora
- Comunidade de Montes Pío-Lameliña
O Plan de parroquia
O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses dos que se obtieron os seguintes documentos: