O Concello de Pontevedra pon en marcha unha
campaña especial co obxectivo de promover, apoiar e
visibilizar o comercio local.
Esta iniciativa busca recoñecer e poñer en valor o papel esencial do pequeno comercio, que cada día contribúe a manter viva a actividade económica e social da nosa cidade, enchendo de vida e identidade as nosas rúas.
Cubre este formulario para darte de alta na campaña e recibir os vales que poderás entregarlles aos teus clientes cando fagan unha compra de máis de 20 € durante a campaña.
Consulta as bases da promoción e inscríbete ata o día 13 de maio.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.