Pontevedra ante o Trío Ibérico de Eclipses

Eclipse Solar en Pontevedra

12 de agosto de 2026 99,58% de ocultación

Pontevedra será un dos mellores lugares de Europa para observar a maior eclipse solar das últimas décadas. Coñece como vivila con seguridade.

Quedan:

DÍAS
HORAS
MIN.
SEG.

para a eclipse do 12/08/2026

Que é unha eclipse solar?

Unha eclipse solar prodúcese cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, ocultando total ou parcialmente o disco solar. O 12 de agosto de 2026, dende Pontevedra poderá observarse unha eclipse case total, co 99,58% do Sol oculto: un fenómeno astronómico extraordinario que non se repetirá con esta intensidade en moitos anos.

Será a primeira eclipse total visible dende a España peninsular en máis dun século, e a franxa de totalidade atravesará Galicia. A nosa cidade ocupa unha posición privilexiada na franxa de visibilidade, o que converte esta cita nunha oportunidade única para a observación astronómica e a divulgación científica.

A eclipse en Pontevedra, hora a hora

O fenómeno producirase ao serán, co Sol xa moi baixo sobre o horizonte oeste. Horas locais aproximadas para a cidade de Pontevedra.

19:32

Primeiro contacto

A Lúa comeza a «morder» o disco solar polo seu bordo.

20:29

Máximo · 99,58%

Momento culminante: a luz cae de golpe, baixa a temperatura e o ceo escurece como nun solpor repentino.

21:23

Último contacto

O Sol recupera a súa forma pouco antes de poñerse na ría.

10–12°

Sol moi baixo

No máximo, o Sol estará a só 10–12 graos sobre o horizonte. Escolle un lugar con vistas despexadas cara ao oeste: a beira da ría é unha atalaia perfecta.

3

Totalidade na provincia

Só tres concellos da provincia verán a eclipse total: Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces. No resto, incluída a cidade, será case total.

+120

Anos de espera

É a primeira eclipse total visible dende a España peninsular dende 1905. A franxa de totalidade entra na península precisamente por Galicia.

Noite de Perseidas

A eclipse coincide coa choiva de estrelas das Perseidas: tras o solpor, o espectáculo continúa no ceo nocturno.

10–12°

Sol moi baixo

No máximo, o Sol estará a só 10–12 graos sobre o horizonte. Escolle un lugar con vistas despexadas cara ao oeste: a beira da ría é unha atalaia perfecta.

3

Totalidade na provincia

Só tres concellos da provincia verán a eclipse total: Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces. No resto, incluída a cidade, será case total.

+120

Anos de espera

É a primeira eclipse total visible dende a España peninsular dende 1905. A franxa de totalidade entra na península precisamente por Galicia.

Noite de Perseidas

A eclipse coincide coa choiva de estrelas das Perseidas: tras o solpor, o espectáculo continúa no ceo nocturno.

O Trío Ibérico de Eclipses

Tres eclipses solares en tres anos consecutivos serán visibles na península Ibérica. Pontevedra poderá gozar das tres.

A máis intensa

99,58%

12 de agosto de 2026

Eclipse case total

77%

2 de agosto de 2027

Eclipse parcial

72%

26 de xaneiro de 2028

Eclipse parcial

Medidas de seguridade · Observación solar

Perigo! Nunca mires o Sol sen protección.

Para observar o Sol con seguridade é preciso facelo por proxección ou a través de filtros especiais. Observar o Sol a simple vista é sumamente perigoso: pode causar danos permanentes na retina.

NON

mires directamente o Sol.

NON

mires o Sol a través de lentes de sol, películas veladas, radiografías, etc.

NON

mires o Sol a través de lentes, prismáticos ou telescopios sen o filtro axeitado.

NON

mires o Sol a través do visor das cámaras fotográficas.

As lentes de eclipse teñen unha validez de tres anos e deben gardarse protexidas nun lugar escuro.

Como observar a eclipse con seguridade

Hai dúas formas seguras de gozar do fenómeno sen poñer en risco a vista.

1

Por proxección

Constrúe a túa propia caixa de proxección estenopeica e observa a imaxe da eclipse proxectada, sen mirar nunca directamente ao Sol. Descarga a plantilla recortable, imprímea e segue os pasos.

2

Con filtros especiais

Emprega lentes de eclipse homologadas (norma ISO 12312-2) ou filtros solares certificados. Nunca uses lentes de sol convencionais nin filtros caseiros: non protexen fronte á radiación solar.

Máis información en webs oficiais

Consulta datos detallados do fenómeno nas fontes oficiais de referencia.

Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Trío de Eclipses

Portal oficial do Goberno de España sobre os tres eclipses.

Instituto Xeográfico Nacional

Visualizador de eclipses 2026

Mapa interactivo coa traxectoria e horarios da eclipse.

Xunta de Galicia

Eclipse en Galicia

Información autonómica sobre a observación en Galicia.