Search
Close this search box.
Inicio > Concello > Corporación > Grupo Municipal do BNG

Grupo Municipal do BNG

Miguel Anxo Fernandez Lores BNG 2023 2027

Miguel Anxo
Fernández Lores

Alcalde

Licenciado en Medicina. Médico. Portavoz do BNG no Concello de Pontevedra desde 1987 e alcalde desde 1999 até a actualidade.

Ao seu cargo directo está a Portavocía do goberno. Coordinación e dirección política do goberno. Relacións con outras administracións, convenios con outras administracións e entes do sector público, infraestruturas e actuacións de outras administracións e entes públicos.

Eva Vilaverde BNG 2023 2027

Eva
Villaverde Pego

Concelleira

Licenciada en Ciencias políticas e da Administración pola USC (especialidade en estudos de administración pública).

É concelleira de Pontevedra dende 2019. Foi concelleira do Concello de Moraña entre 2011 e 2019, e deputada do Goberno da Deputación provincial entre 2015 e 2019.

No Goberno municipal é a responsable da Área de servizos non territorializados que engloba: a xestión de recursos humanos. Protección cidadá: policía, bombeiros, protección civil. Ocupación de espazos públicos. Patrimonio, Réxime Interior, Padrón, novas tecnoloxías na administración.

Anabel Gulias BNG 2023 2027 150x150

Anabel
Gulías Torreiro

Concelleira

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración con mestrado en Desenvolvemento Local e Comarcal e cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos. Ten experiencia en alta dirección de empresas públicas e privadas.

É concelleira de Pontevedra dende 2015. Foi concelleira do Concello de Forcarei dende 2011 a 2015.

No Goberno local é responsable da Área de promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía que engloba: Igualdade, Actividade física e deportiva. Xestión das instalacións de actividade física municipais. Envellecemento activo. Servizos Sociais. Sanidade. Sanidade animal e refuxio. Cemiterios. Políticas de emprego. Promoción exterior da cidade e do turismo. Grandes eventos. Sociedade de turismo. Mercados, matadoiro. Consumo responsábel. Promoción do uso das novas tecnoloxías.

Cesar Mosquera BNG 2023 2027 150x150

César
Mosquera Lourenzo

Concelleiro

Licenciado en matemáticas e pedagoxía, foi profesor do IES Valle Inclán.

É concelleiro de Pontevedra dende 1991 e deputado provincial dende 1991. Foi vicepresidente da Deputación provincial de Pontevedra de 2015 a 2023.

No actual Goberno local é responsable da Área de mellora urbana que engloba: Ordenación da mobilidade urbana. Impulsión do PMUS. Urbanizacións e reurbanizacións. Estacionamentos: Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión. Ordenación do estacionamento en vías públicas en todo o ámbito urbano. Transporte público.

Demetrio Gomez BNG 2023 2027 150x150

Demetrio
Gómez Xunqueira

Concelleiro

Licenciado en Filoloxía e profesor no IES Torrente Ballester.

Concelleiro en Pontevedra de 2001 a 2003, de 2005 a 2007 e de 2009 á actualidade.

No Goberno Local é responsable da Área de dinamización social e cultural en engloba: Actividades culturais e sociais. Festas. Xestións das instalacións municipais socio culturais. Normalización lingüística e cultural. Memoria Histórica. Educación nos seus diferentes niveis. Xuventude.

Raimundo Gonzalez BNG 2023 2027 150x150

Raimundo
González Carballo

Concelleiro

Licenciado en Dereito e Económicas foi profesor de FP. É concelleiro de Pontevedra dende 1991.

No Goberno municipal é responsable da Área legal e económica que engloba: Secretarías, Asesoría Xurídica, Contratación, Contratos de auga e de residuos, Intervención, Facenda, Tesourería, Ordenanzas fiscais e económicas, Orzamentos e as súas modificacións. Xestión dos fondos europeos.

Maria Xose Abilleira BNG 2023 2027 150x150

María Xosé
Abilleira Novo

Concelleira

Técnica administrativa. Foi presidenta da Asociación de veciñas e veciños da parroquia de Lérez.

No Goberno local é responsable da Área de xestión ambiental e territorial que engloba: Infraestruturas, dotacións e servizos municipais no rural: de nova planta e sostemento dos existentes. Parques forestais. Ríos, praias, fontes e lavadoiros no rural.

Xaquin Moreda BNG 2023 2027 150x150

Xaquín
Moreda González

Concelleiro

Arquitecto, gaiteiro e membro de Maravallada. Ten un mestrado en conservación do patrimonio cultural e inmóbel.

É concelleiro en Pontevedra dende 2019.

No Goberno Local é responsable da Área de servizos urbanos básicos que engloba Sostemento dos espazos públicos urbanos e dos elementos de urbanización. Recollida e tratamento de residuos. Limpeza viaria. Subministro municipal de auga potábel. Fontes urbanas. Recollida de augas residuais. Parques, xardíns, espazos libres e praias urbanas.

Alberto Oubina Piai concelleiro 150x150

Luís Alberto
Oubiña Piai

Concelleiro

Graduado en Relacións Laborais con máster en Profesorado de formación profesional.

No Goberno local é responsable da Área de planificación do territorio que engloba: Ordenación do territorio e do ambiente natural, urbanismo, disciplina ambiental e urbanística. Xestión urbanística e ambiental. Actuacións en materia de vivenda, ARI’s. Patrimonio histórico edificado e etnográfico. Impulsión dos servizos territorializados en Monte Porreiro.