Search
Close this search box.
Inicio > A cidade en imaxes. A Xogar!

A cidade en imaxes. A Xogar!

Pontevedra é a cidade de Galicia máis premiada a nivel internacional polo seu modelo urbano. É un referente en transformación urbana na que prevalece a accesibilidade e a peatonalización das vías mediante un modelo urbano que limita o tráfico rodado de vehículos en favor de outros medios de transporte e da circulación a pé. Isto propicia que os cidadáns se apropien do espazo público favorecendo as relacións humanas nuns espazos que deixan de ser alleos para converterse en puntos de encontro da comunidade.

Pontevedra, como indica o educador italiano Francesco Tonucci, considerou ao neno como parte fundamental do seu modelo de cambio. En resposta a isto, as rúas transformáronse en espazos para xuntarse e pasear nos que a seguridade e a limpeza se acadaron pola toma do espazo por parte das persoas. Nesta contorna os máis pequenos gozan dunha autonomía pouco habitual nas cidades que coñecemos.

Para eles a cidade é un espazo de xogo e neste medio nenas e nenos teñen a oportunidade de descubrir o seu movemento. Pontevedra, debido ao predominio do tráfico peonil sobre o rodado, convértese nun grande taboleiro de xogo onde se poden utilizar todos os elementos, obxectos e superficies do medio construido para agatuñar ou gabear. Nenas e nenos se apoderan de todos os compoñentes do espazo urbano para desenvolver as súas accións e non piden permiso para facelo. A rúa é unha área de encontro e un campo de diversión na que os pequenos forman parte da paisaxe urbana ao igual que o vendedor de castañas ou os músicos que se apostan nas prazas.

Por todo isto, o Concello de Pontevedra desde a súa Área de Promoción Económica convoca a I edición de A cidade en imaxes.

XORNADAS FOTOGRÁFICAS PARA NENAS E NENOS

Xornadas fotográficas para nenas e nenos percorrendo a cidade para fotografiar aquelo que lles chama a atención da súa contorna. Estas instantáneas serán feitas con cámaras desbotables que serán reveladas e seleccionadas para formar parte dunha publicación impresa do Concello de Pontevedra cun deseño orientado á promoción turística da cidade de Pontevedra.

Idades: de 8 a 12 anos

Datas e horarios:
23 de marzo de 12.00 h a 13.00 h
30 de marzo de 11.00 h a 12.00 h
30 de marzo de 12.00 h a 13.00 h

Punto de encontro: Casa da Luz

O Concello de Pontevedra desde a súa Área de Promoción Económica convoca a I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar!
O tema proposto é como as nenas e os nenos viven o espazo da cidade de Pontevedra, coa intención de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía dos nenos na nosa cidade.
As obras serán valoradas atendendo a tres criterios principais: o estético, o técnico e o documental, téndose en conta especialmente aquelas onde a espontaneidade das situación retratadas reflicta a naturalidade infantil.
A fin desta convocatoria é a obtención de imaxes de calidade que representen a cidade como terreo de xogo.
As fotografías gañadoras na presente convocatoria serán expostas na rúa en gran formato. Entre todas as participantes, sempre que os seus autores dean o seu consentimento, podería facerse unha escolla para incluír nunha publicación impresa do Concello de Pontevedra cun deseño orientado á promoción turística da cidade de Pontevedra.

PROCESO DE PARTICIPACIÓN PECHADO