Inicio > Calendario 2026

Calendario 2026

cabecera web Calendario 2026

Pontevedra é deporte

En Pontevedra, o deporte nace onde se constrúe a comunidade: os clubs formativos e as escolas deportivas son o corazón deste impulso. Neles, a mocidade aprende a coidar a saúde, a convivir e a respectar, facendo do xogo un camiño de aprendizaxe. Este é o noso modelo: primeiro persoas, despois deportistas. A cidade avanza cando quen practica o fai con ilusión, quen acompaña anima sen presión, e quen guía educa con criterio. Co impulso do Concello e a complicidade do tecido deportivo local, consolidamos unha práctica educativa, saudable, lúdica e de calidade. Así medra unha cidade activa, onde os grandes eventos son a vitrina, pero a verdadeira forza está no día a día de quen adestra, comparte e inspira.

Natación sincronizada

Esgrima

A constancia e o esforzo de cada deportista é a garantía do éxito de todos e de todas.

Escalada

Un adestramento divertido é un adestramento eficaz. Queremos que a mocidade non deixe de practicar deporte.

Waterpolo

O deporte é unha escola de vida que inculca orde, puntualidade e resiliencia á futura cidadanía.

Natación

A cooperación en cada club
fai de Pontevedra un espazo
de aprendizaxe compartida.

Mini BTT

O deporte base é unha carreira de fondo: respecta os ritmos de cada un para garantir unha práctica saudable e a longo prazo.

Rugby

O sono e a alimentación son a base para unha práctica deportiva sostible e de calidade.

Loita

A comunicación clara e respectuosa entre familias e persoal técnico constrúe un vínculo comunitario sólido e eficiente.

Xadrez

O deporte pontevedrés xa é un referente internacional ao nivel do seu modelo urbano.

Tenis de mesa

En Pontevedra a convivencia e os valores deportivos son unha prioridade que respecta a diversidade e promove a inclusión.

Kick boxing

O erro é un mestre, tamén no deporte.
Como cidade, Pontevedra crea unha contorna sen medo a fallar.

Balonmán

O comportamento na bancada é a extensión da convivencia urbana. Pontevedra promove o respecto nas rúas e nas pistas.

Ximnasia

O deporte é un investimento no futuro da cidade: o obxectivo é formar persoas sans que buscan a felicidade para si e para os demais.

Deporte adaptado

O deporte fomenta a autonomía da mocidade e é clave para ter unha cidadanía máis participativa e consciente.

Piragüismo

En Pontevedra investimos no proceso formativo, non na inmediatez dos resultados, sen queimar etapas para garantir que o amor polo deporte perdure.

Baloncesto

Gañar con honestidade e perder con dignidade son piares do xogo limpo.

Fútbol sala

O crecemento persoal e deportivo chega coa sintonía entre familia e persoal técnico.

Ximnasia rítmica

En Pontevedra, deportistas, familias e persoal técnico traballan da man e fan un verdadeiro equipo que transcende aos espazos de xogo.

Tiro con arco

O deporte é lecer, saúde e amizade, un motor fundamental para o benestar da mocidade, e de toda a sociedade.

Voley

A educación cívica do deporte comeza co respecto ao rival e á arbitraxe.

Atletismo

Cando celebramos o éxito alleo e evitamos comparacións, fortalecemos o tecido deportivo da nosa sociedade.

Judo

Deixar que os/as deportistas tomen as súas propias decisións, pode transformar os erros en crecemento e responsabilidade.

Fútbol

A práctica deportiva é unha fonte de saúde física e mental.

Badminton

O xesto de xogo limpo vale máis que o resultado. O deporte de base reflicte os valores de convivencia e respecto de Pontevedra.

Taekwondo

O verdadeiro éxito de Pontevedra mídese nas experiencias vividas e nas persoas que formamos, non só nos trofeos deportivos.

Tenis