Search
Close this search box.
Inicio > Áreas > Urbanismo e territorio > Oficina Técnica de Rehabilitación > Presentación

Presentación

Oficina Técnica de Rehabilitación

A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Pontevedra informa, asesora e xestiona a tramitación de axudas, aos particulares que deciden rehabilitar as súas vivendas, de acordo co que establece o Plan Estatal de Vivenda vixente.

O equipo da Oficina é un apoio en todo o proceso de rehabilitación, pola capacidade técnica e a proximidade á cidadanía e residentes.

Xestións que leva a cabo

  • Asesora e informa ao público das actuacións que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente
  • Tramita os expedientes e realiza o seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda
  • Realiza as visitas técnicas necesarias das actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais
  • Supervisa os orzamentos
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados
Oficinas Urbanismo 324px

RÚA FERREIROS, N28

Horario de atención ao público:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Verán e nadal (16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro) de 9:00 a 13:00 h.

1º ANDAR

Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (SUMAPH). Licenzas Urbanísicas. Ext. 7500

Servizo de Arqueoloxía. Ext.7559

Servizo de Disciplina Urbanística. Ext. 7289/88
sdumapo@pontevedra.eu

Oficina técnica de Licenzas e Inspección
Citas: Ext. 7535-7545

Oficina Técnica de Rehabilitación. 986 804 335 Ext. 7593
otrehabilitacion@pontevedra.eu