Inicio > Áreas > Urbanismo e territorio > Oficina Técnica de Rehabilitación > Axudas do Plan Estatal 2018-2021, prorrogado

Axudas do Plan Estatal 2018-2021, prorrogado

O 10 de marzo de 2018 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018 – 2021.

A implantación deste plan non é automática, posto que a súa execución require a sinatura dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e as Comunidades Autónomas (BOE núm. 198 do 16/08/2018) e a posterior publicación das correspondentes convocatorias de cada programa de axudas ou a sinatura de acordos específicos, segundo o correspondente programa.

O plan prevé os seguintes programas de axudas:

  1. Programa de subsidiación de préstamos convidos.
  2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda.
  3. Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual.
  4. Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer.
  5. Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas.
  6. Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
  7. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.
  8. Programa de axuda aos mozos.
  9. Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

As axudas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIś), no Concello de Pontevedra ARI de Estribela e ARI do Conxunto Histórico, inclúense no punto 7. “Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural”.

O día 01-12-2021 asináronse os Acordos das Comisións Bilaterais entre o Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, estes acordos posibilitan a regulación e apertura das convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación nas ARIs, establecéndose un prazo de concesión de axudas ata o 30-06-2025 e un prazo de execución de actuacións ata o día que se establezca no correspondente Acordo de Comisión Bilateral.

As persoas interesadas nas axudas deberán solicitar, coa solicitude oficial de subvención unha visita de inspección, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación. Para o que deberán achegar, a través do rexistro xeral, o seguinte impreso 407:

ANEXOS DAS AXUDAS:
Convocatoria publicada no BOP. número 65 do 04-05-2022.

 

Convocatoria publicada no BOP. número 48 do 11-03-2021.

 

Oficinas Urbanismo 324px

RÚA FERREIROS, N28

Horario de atención ao público:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Verán e nadal (16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro) de 9:00 a 13:00 h.

1º ANDAR

Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (SUMAPH). Licenzas Urbanísicas. Ext. 7500

Servizo de Arqueoloxía. Ext.7559

Servizo de Disciplina Urbanística. Ext. 7289/88
sdumapo@pontevedra.eu

Oficina técnica de Licenzas e Inspección
Citas: Ext. 7535-7545

Oficina Técnica de Rehabilitación. Ext. 7593
otrehabilitacion@pontevedra.eu