Search
Close this search box.
Inicio > Áreas > Urbanismo e territorio > Oficina Técnica de Rehabilitación > Axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

(Fondos NextGenerationUE)

Logos NextGenerationEU

A pandemia provocada pola COVID-19 supuxo unha crise económica, social e sanitaria que dou lugar a unha resposta común a escala europea poñendo en marcha un ambicioso Fondo de Recuperación para contribuír ao proceso de reconstrución das economías no mundo post-COVID-19, a partir de 2021. O novo instrumento de recuperación Next Generation EU permite a España obter investimento e aprobar, en data 7 de outubro de 2020, o marco xeral do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) de España.

O 6 de outubro de 2021 publicouse no BOE núm. 239 o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do PRTR.

En particular, é o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio o que ten por obxecto a financiación das obras de rehabilitación en edificios de uso predominante residencial e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares, e de urbanización ou reurbanización de espacios públicos dentro dos Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP), o núcleo de Estribela e o Conxunto Histórico conforman ditos entornos no Concello de Pontevedra.

O día 28.06.2023 asinouse o Acordo da Comisión Bilateral entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra que posibilitan o financiamento, a regulación e a apertura das convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación nos ERRP do Concello.

O luns 4 de outubro de 2024 publicáronse no BOP núm. 214, os extractos das convocatorias e bases reguladoras de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do PRTR en Estribela e no Conxunto Histórico de Pontevedra, que abren o prazo para a presentación de solicitudes.

Prazo para solicitar as axudas: do 05.11.2024 ata o 04.02.2025 (3 meses).

Anexos das axudas

Normativa

Oficinas Urbanismo 324px

RÚA FERREIROS, N28

Horario de atención ao público:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Verán e nadal (16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro) de 9:00 a 13:00 h.

1º ANDAR

Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (SUMAPH). Licenzas Urbanísicas. Ext. 7500

Servizo de Arqueoloxía. Ext.7559

Servizo de Disciplina Urbanística. Ext. 7289/88
sdumapo@pontevedra.eu

Oficina técnica de Licenzas e Inspección
Citas: Ext. 7535-7545

Oficina Técnica de Rehabilitación. 986 804 335 Ext. 7593
otrehabilitacion@pontevedra.eu