Inicio > Áreas > Urbanismo e territorio > Directorio de axentes colaboradores

Directorio de axentes colaboradores

O Concello de Pontevedra quere impulsar o apoio aos axentes intervenientes nos procesos de rehabilitación, co obxecto de conseguir a conservación do patrimonio construído e a rexeneración de zonas deprimidas. Créase pois, o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación, conservación e inspección técnica de edificacións do Concello de Pontevedra, aberto a todas as empresas e profesionais que desexen inscribirse.

O obxecto da creación do directorio de axentes colaboradores e o de por a disposición dos solicitantes de actuacións en materia de rehabilitación, conservación e inspección técnica de edificacións, unha relación de axentes colaboradores para simplificar, facilitar e axilizar a xestión e a execución das obras. Este directorio terá, exclusivamente, un carácter informativo para os promotores, sen que en ningún caso a inscrición supoña un requisito obrigado para a execución das obras de rehabilitación ou inspección técnica de edificacións.

A inscrición no directorio terá carácter permanente, debendo os interesados, achegar unicamente aquela documentación que, pola súa data de caducidade, deba ser renovada en cumprimento das condicións da inscrición e, anualmente, unha declaración expresa responsable relativa á vixencia sen contradición das circunstancias que motivaron a inscrición no directorio.
O imcumprimento desta obriga suporá a suspensión provisional dos efectos da inscrición ata a súa emenda, procedendo á anulación definitiva de non emendarse.

Seccións do directorio de axentes colaboradores

O directorio estrutúrase nas seguintes seccións:

Son os axentes que, por encargo do promotor, redactan os proxectos, asumen a dirección de obra ou a dirección de execución de conformidade coas disposicións legais vixentes para cada profesión, de acordo coas especialidades e competencias específicas.

Para efectos deste directorio créanse as seguintes subseccións:

– Técnicos de grao superior
– Técnicos de grao medio

Descargar solicitude

É o axente que asume, contractualmente ante o promotor, o compromiso de executar con medios humanos e materiais, propios e alleos, as obras ou parte destas con suxeición ao proxecto e ao contrato.

Descargar solicitude

Son os axentes que asumen a elaboración ou execución dunha fase da obra.

Descargar solicitude

Con carácter xeral, considéranse subministradores de materiais os fabricantes, almacenistas, importadores ou vendedores de produtos de construción.

Descargar solicitude

Son entidades de control da calidade da edificación aquelas capacitadas para prestar asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, do materiais e da execución da obra e a súas instalacións de acordo co proxecto e normativa aplicábel.

Son laboratorios de ensaios para o control da calidade da edificación os capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a realización de ensaios ou probas de servizo dos materiais, sistemas ou instalacións dunha obra de edificación.

Descargar solicitude

Procedemento de inscrición

O procedemento de inscrición no directorio iniciarase mediante a presentación da solicitude xunto coa documentación que se determina na propia solicitude.

Axentes colaboradores inscritos

Normativa

  • Bases reguladoras (BOP núm. 245 do 21/12/2015). Ver