Search
Close this search box.
Inicio > Áreas > Urbanismo e territorio > Atención telefónica a cuestións técnicas urbanísticas

Atención telefónica a cuestións técnicas urbanísticas

Dentro das medidas que o Concello de Pontevedra está a adoptar coa finalidade de axilizar a tramitación dos expedientes urbanísticos e facilitar o labor do persoal técnico que presta servizos á veciñanza, a Concellería de urbanismo pon en marcha unha nova ferramenta para a resolución das dúbidas técnicas nos expedientes urbanísticos de licenzas, comunicacións previas e declaracións responsables.

Se vostede é persoal técnico, ten unha dúbida concreta en materia urbanística e necesita saber a interpretación técnica municipal sobre esta, pode empregar esta ferramenta para facerlle chegar ao persoal técnico municipal da Oficina Técnica de Licenzas e Inspección a cuestión puntual que é obxecto de consulta técnica, para o que deberá cubrir o seguinte formulario.

A súa petición será respostada polos técnicos municipais vía telefónica, á maior brevidade posible, no día que se lle comunique, a través do correo electrónico, no enderezo comunicado ao efecto (preferentemente os xoves de 12:00 a 14:00 horas).

En calquera caso, de non desexalo así, poderá seguir solicitando entrevistas de carácter presencial, como se viña facendo ata este intre, ben no segundo andar da rúa dos Ferreiros número 28-30 ou ben nos teléfonos 986804320 ou 986804300 (Ext: 7535-7545) ou ben poderá solicitar unha información ou consulta urbanística por escrito mediante os modelos normalizados que se atopan á súa disposición na sede electrónica do Concello sede.pontevedra.gal.

Oficinas Urbanismo 324px

RÚA FERREIROS, N28

Horario de atención ao público:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Verán e nadal (16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro) de 9:00 a 13:00 h.

1º ANDAR

Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (SUMAPH). Licenzas Urbanísicas. Ext. 7500

Servizo de Arqueoloxía. Ext.7559

Servizo de Disciplina Urbanística. Ext. 7289/88
sdumapo@pontevedra.eu

Oficina técnica de Licenzas e Inspección
Citas: Ext. 7535-7545

Oficina Técnica de Rehabilitación. 986 804 335 Ext. 7593
otrehabilitacion@pontevedra.eu