O Concello finaliza a nova rolda de asfaltados realizados durante este verán 

Os traballos dotan dunha nova vida ás calzadas de oito rúas distintas, distribuídas en diferentes puntos e barrios da cidade 

Ao longo da última semana, o Concello de Pontevedra desenvolveu unha nova xeira de asfaltados que lograron unha mellora substancial nas calzadas de distintas vías urbanas. As distintas actuacións que se levaron a cabo realizáronse nas seguintes rúas:

  • Camiño Vello de Castela
  • Ribeira dos Gafos
  • Ponte Nova
  • Otero Pedrayo
  • Rúa da Seca
  • Bibiano Osorio Tafall
  • Ramón Peña
  • Arcebispo Xelmírez

Os traballos desenvólvense dentro do programa de mantemento da zona urbana, co contrato 2022/ABO/000001 de PEQUENAS OBRAS DE MANTEMENTO DOS ESPAZOS PÚBLICOS URBANIZADOS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA, adxudicado a Elsamex, formalizado en 12/08/2022 cun prazo de dous anos, e que está próxima a iniciar a primeira das súas prórrogas, con data de finalización 23/08/2025. Dito contrato deriva nun investimento anual de 726.000 euros, para o mantemento da rede viaria  e espazos públicos urbanos. 

Estes traballos afondan na idea e no obxectivo lanzado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a principios deste mandato, que non é outra que realizar un esforzo extra na recuperación e no mantemento do espazo público, co fin de deixar a cidade «en perfecto estado de revista».

Compartir publicación: