O Concello corta a rúa Dinamarca para poñer fin a carreiras de vehículos

O concelleiro acordou cos residentes pechar un tramo da rúa que permitirá eliminar estes tráficos perigosos e, ao tempo, garante o acceso as vivendas sen problema.

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez mantivo onte unha reunión con veciños da rúa Dinamarca do barrio de Monte Porreiro para atender un problema de carreiras de coches que se tiña rexistrado no lugar. A rúa Dinamarca é a que se sitúa na contorna do parque do Miradoiro, en Monte Porreiro, e nela están edificadas vivendas unifamiliares, polo que o seu uso é exclusivamente residencial.

Os veciños trasladáronlle ao concelleiro a problemática, e por acordo de todas a partes, e dado que se trata da solución máis rápida en executar, acordouse cortar a rúa na metade, creando un espazo peonil no que non poderán acceder vehículos, e deste xeito córtanse os tráficos dun lado para outro e impedindo as carreiras que se rexistran con certa frecuencia

Ademais, os residentes da rúa Dinamarca informaron ao concelleiro dun problema coa rede de saneamento, e solicitáronlle outras medidas en relación á rozas así como de reposición de lousas nas beirarrúas, que o Concello vai a atender dentro do mantemento habitual do barrio.

Compartir publicación: