Parques e Xardíns finaliza o zafarrancho de podas e retirada de restos nas rúas Rodríguez Seoane e Eiriña e a Praza das Regas

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural vén de finalizar o zafarrancho de podas e retirada de restos acometido no arborado urbano de diversas rúas da zona leste da cidade: Rodríguez Seoane, Eiriña e Praza das Regas. O Servizo Municipal de Parques e Xardíns destinou un orzamento global de 6.655 euros á contratación desta intervención, acometida pola firma especializada Silvareira Servizos Forestais SL mediante o emprego dun guindastre cun cesto para poda en altura.

O máximo responsable da Concellería, o socialista Iván Puentes, subliña que “boa parte destas podas estivo centrada en árbores próximas aos edificios existentes nestas rúas, orientándose a reducir o volume das copas, xa que existen exemplares de porte considerable cuxas pólas comezaban a resultar molestas para algúns veciños, mesmo á hora de abrir as ventás”.

Compartir publicación: