A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegouse esta mañá ata a rúa da Oliva para visitar a tenda de suplementos naturais e produtos para o coidado persoal Supermenta CBD, especializada na venda de artigos elaborados en base a esta substancia non psicoactiva subtraída do cánabo. O responsable deste negocio, Antonio Meirás, explicoulle á edil socialista as múltiples utilidades do CBD (cannabidiol) e amosoulle a ampla gama de produtos confeccionados con el, como cremas corporais e para alivio da dor, champús, aceites, gominolas ou infusións.
Yoya Blanco amosouse “encantada de poder coñecer un pouco máis deste universo a través da oferta deste establecemento especializado, que abriu as súas portas en agosto de 2021 e que sen dúbida encaixa á perfección na familia #PonteLovers”, e animou a tódolos pontevedreses “a achegarse ata a tenda física ou mergullarse na súa web https://www.supermenta.es/“. “O CBD é moi beneficioso a nivel analxésico e antiinflamatorio tanto para pacientes oncolóxicos como para outro tipo de dores, como as da menstruación. En Supermenta podemos atopar ademais produtos micolóxicos dunha empresa tan senlleira como Hifas da Terra”, sinala a edil do PSOE.






