A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, continúa cos zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade. Nesta semana farase a avenida de Montero Ríos dende a rotonda do Porto de Marín até o límite do Concello de Marín, seguindo a marxe esquerda da calzada.
Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello