O Principal xa dispón do oco do novo ascensor e do andamio para reforzar a estrutura e cambiar a iluminación do escenario

O alcalde visitou esta mañá a reforma que tamén inclúe a reforma dos aseos do público ao carón do patio de butacas e a creación dun novo aseo na terceira planta.
As obras poderían estar rematadas antes do verán se a subministración o permite.  

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá as obras de reforma do Teatro Principal en compañía da concelleira de Cultura, Carmen Fouces e dos técnicos municipais. Fernández Lores recordou que o edificio do Teatro ten 35 anos polo que a reforma “facíalle falta, sobre todo na iluminación porque en 35 anos cambiaron moitas cousas”.

O proxecto ten un orzamento de 438.478,34 euros e está dividido en dous lotes: o primeiro relativo á accesibilidade do edificio e o segundo á mellora da iluminación do escenario. O prazo de execución é de 3 meses, polo que o alcalde agarda que estea rematado antes do verán, aínda que dependerá da subministración que está a obrigar a atrasar a entrega de obras.

A rehabilitación do edificio comezou nestes días pero avanza a bo ritmo. De feito, o Teatro xa dispón do oco que ocupará o novo ascensor panorámico que dará accesibilidade ao edificio dende o andar -1 até a 3ª planta. Para evitar danar o mobiliario actual, están todas as dependencias tapadas e tamén as butacas.

Na terceira planta está prevista a construción dun aseo que non existía; e renovaranse os dous da planta baixa que darán servizo para persoas ostomizadas. Con esta obra resolverase o problema de insonorización destes espazos que provocaban problemas no desenvolvemento dos espectáculos que se celebraban no escenario.

Tamén está previsto un reforzo estrutural da parte superior do edificio que se resentiu debido aos traballos que se realizaron na parte superior. Para esta intervención tamén está instalada a andamio que permitirá a reparación.

A segunda parte da obra é a substitución da iluminación do escenario que suporá un aforro enerxético do 90 % respecto á actual, e abrirá as portas a unha luminaria máis moderna e efectiva, con focos máis precisos para os técnicos e unha fonda melloría nas actuacións dos artistas.

O paso a tecnoloxía led mesturas de cor con control dixital. Esta actuación implica a desmontaxe das infraestruturas actualmente existentes, incluídos os cadros e cableados que compoñen todo o sistema, e a instalación da nova iluminación escénica profesional a base de leds, os cambios nas consolas de control, a ampliación e actualización da rede de control de iluminación a dixital e a substitución das luminarias 

O alcalde lembrou que o esta infraestrutura cultural atópase “no centro da cidade e ten moito uso, polo que era necesario facer investimentos nel”.

Na terceira planta está prevista a construción dun aseo que non existía; e renovaranse os dous da planta baixa que darán servizo para persoas ostomizadas. Con esta obra resolverase o problema de insonorización destes espazos que provocaban problemas no desenvolvemento dos espectáculos que se celebraban no escenario.

Tamén está previsto un reforzo estrutural da parte superior do edificio que se resentiu debido aos traballos que se realizaron na parte superior. Para esta intervención tamén está instalada a andamiaxe que permitirá a reparación.

A segunda parte da obra é a substitución da iluminación do escenario que suporá un aforro enerxético do 90 % respecto á actual, e abrirá as portas a unha luminaria máis moderna e efectiva, con focos máis precisos para os técnicos e unha fonda melloría nas actuacións dos artistas.

O paso a tecnoloxía led mesturas de cor con control dixital. Esta actuación implica a desmontaxe das infraestruturas actualmente existentes, incluídos os cadros e cableados que compoñen todo o sistema, e a instalación da nova iluminación escénica profesional a base de leds, os cambios nas consolas de control, a ampliación e actualización da rede de control de iluminación a dixital e a substitución das luminarias 

O alcalde lembrou que o esta infraestrutura cultural atópase “no centro da cidade e ten moito uso, polo que era necesario facer investimentos nel”.

Miguel Anxo Fernández Lores sobre as obras do Teatro Principal.

Compartir publicación: