A Concellería de Deportes vólcase cunha Ultreia que bate rércord de camiñantes: 356 persoas xa formalizaron a súa inscrición

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, participou esta mañá na rúa do Gorgullón (no inicio da parte urbana do Camiño), no acto de presentación da Ultreia 2022 by Xacobeo 21-22, no que estiveron presentes o director xeral de Diario de Pontevedra, Antonio de Cora; o director do xornal, Miguel Ángel Rodríguez; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López; o voceiro municipal do PP, Rafael Domínguez, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Tino Lores.

 
A iniciativa, nada en 2018 co obxectivo de potenciar a práctica da actividade física, reforzar o valor do Camiño de Santiago e xerar un impacto económico positivo nos municipios polos que discorre, leva recadados xa na presente edición 2.800 kilos de alimentos, 1.800 cueiros e material sanitario que, en colaboración con Fundiciones Rey, foron enviados a Ucraína.


A Ultreia, que nas súas tres primeira edicións sumou a participación de 678 persoas, leva formalizadas neste 2022 a inscrición de 356 camiñantes (superando así co récord de 2018) procedentes das catro provincias galegas, Portugal, Asturias, Cantabria e León. Desde o seu comezo, tivo un carácter solidario, destinando parte do recadado nas inscricións a Amencer en 2018, alimentos para Amigos de Galicia en 2019 e para Cáritas en 2020, ano no que foi a única marcha longa relacionada co Camiño de Santiago que se celebrou durante a pandemia (trasladouse ao mes de xullo).


Debido ao seu carácter festivo, consta de catro traxectos: corto (19 kilómetros ata O Porriño); medio (33 kilómetros ata Redondela); longo (40 kilómetros ata Ponte Sampaio), e o Ultreia (52 kilómetros ata Pontevedra). Haberá servizo de autocar de regreso á nosa cidade deste O Porriño, Redondela e Arcade.


A Ultreia xera un impacto económico directo e indirecto de 30.000 euros. O perfil dos participantes é o seguinte: 33 % mulleres de entre 50 e 70 anos; 20% homes de entre 50 e 70 anos; 15% mulleres de entre 40 e 50; 10% homes de entre 40 e 50; 7% mulleres de 30 a40; 11% homes de 30 a 40, e 4% doutras franxas de idade.

Compartir publicación: