O Concello destina 124.000 euros para a revisión e reparación da fachada principal de Michelena, 30

Algúns ladrillos da fachada e os balcóns presentan fendas que serán revisados pola construtora Ramírez.

Queda deserto o contrato para a instalación de liñas e cadros subministro eléctrico para as atraccións de feira de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca 

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un contrato de emerxencia para a revisión e reparación da fachada principal do edificio administrativo do Concello situado na rúa Michelena, 30. O custe da obra é de 124.338,38 euros e foi adxudicada á empresa Construcciones Ramírez.

Os informes técnicos revelan que algúns ladrillos da fachada teñen algunha pequena fenda, incluso se ten rexistrado a caída dalgún pequeno anaco de ladrillo.

Para coñecer o estado real da fachada, o Concello vén de contratar a súa revisión integral e a o mesmo tempo a reparación que permitirá arranxar as fendas dos panos e dos balcóns.

Liñas e cadros eléctricos para as festas

Ao mesmo tempo, a Xunta de Goberno Local tamén tivo coñecemento de que quedou deserta a contratación da montaxe de liñas e cadros para subministro de enerxía eléctrica para as atraccións de feira das festas de Santiaguiño do Burgo, A Peregrina e a Feira Franca 2022.

O prezo de licitación era de 156.146,72 euros, e estaba distribuído por lotes: 10 días para as festas de Santiaguiño; 15 días para as festas da Peregrina e 3 días para a Feira Franca.

 O Concello acordou volver a sacar en aberto esta licitación dado que houbo subministradores que se puxeron en contacto coa administración informando de que non tiveran tempo de revisar os pregos.

Compartir publicación: