Pontevedra estará representada este domingo, 15 de xullo, no acto nacional da Memoria Histórica, organizado pola Coordinadora galega da memoria, a través dun grupo aproximado de 30 persoas que se inscribiron a través das asociacións Sempre con vós e Maio Longo, así como polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará.
Nesta edición, o acto que se celebrará na Illa de San Simón, estará centrado na memoria da xeración máis nova, representada polos netos das persoas represaliadas. Quérese desta maneira salientar a transmisión xeracional e a continuidade da reivindicación do compromiso das vítimas da ditadura franquista.
O programa previsto é o seguinte:
• 9:30-10:30: embarque no peirao de Cesantes (acceso desde Redondela, por Avda de Mendiño pasando polo IES Mendiño e seguindo cara ao porto).
• 10:30: Benvida e Presentación do proxecto documental "A Pegada dos avós", Trailer e intervención de tres dos rapaces que o protagonizan (no auditorio).
• 11:00: En San Antón (illa pequena) e con megafonía se o tempo o permite (senón faranse as intervencións no auditorio e en San Antón só as ofrendas).
o Intervención de Pablo Iglesias
o Intervención de Ana Aller
o Intervención de Valentín García Bóveda
Nos tres casos trátase de descendentes de persoas represalidadas polo franquismo. Valentín García Bóveda, pontevedrés, é neto de Alexandre Bóveda e secretario da Fundación Alexandre Bóveda.
• Saúdo dos superviventes de San Simón.
• Gaiteiros (Himno galego e himno de Riego)
• Solta de Pombas
• 12:00. Paseo libre.
• 12:30 – 13:30. Embarque de regreso.