O CITA abre mañá as súas portas ao rematar os traballos de conservación

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) volve abrir mañá as portas logo dos traballos de mantemento relacionados coa restauración dos vestixios arqueolóxicos que se realizaron durante estas semanas.
Abre co horario anterior ao peche e máis idóneo no outono e inverno. Será de 11 a 14 horas de mércores a domingo, e os venres e sábado de 18.00 a 21.00 horas.

Compartir publicación: