- A Mesa de Contratación reuniuse onte para abrir as ofertas. O proxecto ten un prezo de licitación de 226.000 euros
A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse onte para abrir as ofertas presentadas para reformar a rúa Rouco que ten un prezo de licitación de 226.967,98 euros e un prazo de execución de catro meses.
As empresas que presentaron oferta son:
|
Empresa |
Oferta económica (IVE incluído) |
|
Actividades de construcción, edificación y viales SL (ACEVI) |
199.513,16 € |
|
BCNOR Gestión y soluciones avanzadas |
160.938,6 € |
|
Ceta Contratas SL |
187.223,34 € |
|
Civis Global SLU |
218.025,44 € |
|
Construcciones E.C.Casas |
167.593,16 € |
|
Construcciones Fechi |
160.352,88 € |
|
Construcciones y viales (COVSA) |
181.143,15 € |
|
Elsamex, S.A.U |
170.610 € |
|
Excavaciones H. Otero |
188.887,09 € |
|
Innova profesional desarrollos SL |
161.290,9 € |
|
Construcciones López y Leis SA |
181.500 € |
|
Narom SL |
170.384,86 € |
|
Nexia Infraestructuras SLU |
169.840,14 € |
|
Obras, reformas y saneamentos SL (Oresa) |
172.268,7 € |
|
Obras y saneamentos de Galicia SL. |
189.563,66 € |
|
PRACE, servicios y obras SA |
171.338,13 € |
|
Sergonsa Servicios SL |
169.070,88 € |
|
Sestrama Ibérica SL |
196.327,29 € |
|
DESMACO S.L.U. |
183.117,74 € |
|
Obras, proyectos y actividades SL. |
171.406,22 € |
|
Agro da Estrela SL |
17.465.186 € |
|
Barnacle Obras y Servicios SL |
155.836,22 € |
|
Excavaciones y transportes Ivanca SL. |
174.281,44 € |
O proxecto
O obxecto do proxecto é ampliar os espazos destinados á mobilidade peonil, redistribuír os espazos no ámbito urbano comprendido nos arredores do colexio, eliminar barreiras arquitectónicas e renovar as redes de pluviais e de sumidoiros que se atopan ao límite da súa vida útil.
Coa reordenación da rúa, mantense unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. Esta beirarrúa terá un ancho de 3 metros; e no lateral esquerdo (no do colexio) a beirarrúa increméntase até os 5 metros.
A calzada será repavimentada e a beirarrúa crearase con lousa confinada entre bandas de granito.
O proxecto tamén contempla mobiliario urbano como 5 papeleiras, 7 bancos, 10 aparcabicis, así como incrementar a iluminación pública co número de farois existentes.