- A iniciativa, que vai polo súa quinta edición, ten como obxectivo que ningún neno e nena quede sen agasallo de Nadal
Co Nadal á volta o programa Redeaxuda do Concello de Pontevedra por en marcha -e xa van cinco anos- a campaña (en)Volve, unha iniciativa que ten como obxectivo que ningún menor quede sen agasallo de Nadal..
Para poder participar como cómplice dos Reis Magos é necesario cubrir unha ficha. Unha vez cuberta, recibirán por WhatsApp ou de forma presencial unha carta con tres desexos, e deberán decidir, entre as opcións, o agasallo que darán para a celebración do día de Reis.
As cartas son escritas por nenos e nenas beneficiarias dos servizos sociais municipais e o importe máximo do agasallo elixido será de 35 €.
O agasallo debe entregarse entre o 10 e o 28 de decembro na Casa Azul, situada na rúa Sor Lucía número 2; de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro pola tarde.
Os teléfonos de contacto para máis información son: 604.024.103 e 678.754.933.
Enlace ficha:
https://docs.google.com/forms/d/e/ 1FAIpQLSfooqBEiEcZLboXRVIAjHlhubi_3uh2IMUpSSVw_XpHOAT9yQ/viewform