Unha modificación de crédito de case 570.000 para deportes, educación e cultura

O Pleno municipal debaterá este venres unha modificación de crédito de 569.948,77 euros proposta pola Concellaría de Economía para facer fronte a gastos en eventos deportivos, arranxos nos colexios e no Pazo da Cultura, así como outros de oficina ou de informática.

Unha parte importante da modificación de crédito vai destinada a financiar eventos deportivos dado que as partidas económicas do servizo fóronse esgotando ao longo do ano con compromisos deportivos cuxas contías estaban por concretar. Suplementarase con algo máis de 100.000 euros para asumir a San Silvestre ou o Medio Maratón, entre outras citas deportivas da cidade.

Outra parte tamén vai destinada ao servizo de Educación para facer obras nos centros de ensino, como electricidade, fontanería… No caso da electricidade, que supuxo un incremento de máis do 35% no último ano, obriga a incrementar nun 10% a partida que o Concello destina ao pago da factura nos colexios. Este desfase só se detectou nos centros de ensino porque na iluminación pública o Concello foi facendo investimentos que supuxeron un maior consumo enerxético ao introducir leds.

Para o Pazo da Cultura está previsto suplementar unha contía para pequenas obras de mantemento e de actividades culturais. Tamén está incluído na modificación de crédito, gastos de oficina, de informática e pequenos traballos nas dependencias municipais.

Compartir publicación: