- Os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña dan conta na Comisión de Mobilidade dos traballos feitos ao abeiro do contrato de mantemento do espazo público no rural en 2017
Os concelleiros con responsabilidades en Obras e Rural, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, deron conta hoxe na Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos dos traballos realizados nas parroquias durante o pasado ano ao abeiro do contrato de mantemento do rural que executa a empresa Elsamex.
“As actuacións de mantemento do espazo público teñen o mesmo obxectivo no centro, nos barrios e nas parroquias: manter un nivel de calidade urbana elevado en calquera dos ámbitos” subliñou o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez inda que, engadiu. o tipo de obras son diferentes “polas vías a tratar (rúas, pistas camiños, sendas..), pola función que cumpren os elementos do espazo público (canaletas, regos, recollidas de pluviais…), polo propio espazo (montes, quinteiros, viñas, froiteiras…) e tamén polos materiais construtivos”.
A modo de exemplo, o concelleiro Gómez Xunqueira lembrou que “no rural hai menos lousas e máis xabre que no urbano”, “no rural os muros separan propiedades e no urbano adoitan ser estéticas”, etc..
Como consecuencia destas diferentes realidades “cun mesmo investimento, nas parroquias hai un menor número de intervencións, xa que cada unha delas ocupa máis espazo e levan maior tempo de execución”.
En calquera caso, no 2017, o primeiro ano do contrato único de mantemento do rural. executáronse 29 obras en 13 parroquias. Son as seguintes:
LOURIZÁN
• Pavimentaciónna Praza dos Praceres
• Reparacións de pavimentos en Ponte Muíños
SALCEDO
- Reparación de cunetas en Matalobos
- Pavimentación do Camiño das Estrigueiras
- Sinalización e balizamento na Igrexa
- Pavimentación do camiño peonil no Castro das Croas
- Pavimentacións na Igrexa
TOMEZA
• Reparacións de pavimento en Lusquiños
PONTE SAMPAIO
• Reparación miúdas no Vilar
A CANICOUVA
• Arranxo de camiño na Canicouva
• Reparación de Cunetas en Cacheiro
• Reparacións miúdas en Cacheiro
MARCÓN
• Pavimentación de camiño peonil en Pintos
• Reparación de camiño en Pintos
MOURENTE
• Reparacións miúdas en Santa Margarida
BORA
- Sinalización e balizamento no Quinteiro
- Arranxo de camiño en Leirados
- Acondicionamento de camiño na Corbal
- Reparacións varias en Pío
- Reparación no camiño do Quinteiro
SANTO ANDRÉ
• Afirmación de camiño en Bouzas
• Reparacións na Illa de Cous
SANTA MARÍA
• Reparación de pavimento nos Fontáns
• Reparación de varanda nos Fontáns
VERDUCIDO
- Reparación de muro de sostemento en Covadáspera
- Reparación de cunetas en Bordel
CERPONZÓNS
• Sinalización e balizamento en Vigario
CAMPAÑÓ
• Bacheo
