O Arxil saca mañá á rúa a máis de 1.000 escolares no Día do Baloncesto

A Concellaría de Deportes colabora co Club de Baloncesto Arxil na organización da 16 edición do Día do Baloncesto 3×3 na rúa que se celebrará mañá, 8 de xuño, na Avenida de Montero Ríos. Están matriculados 1.080 rapaces dos colexios:

      • Calasancias
      • Doroteas
      • San José
      • San Benito de Lérez
      • Froebel
      • Barcelos
      • Campolongo
      • Asociación Virgen de la O
      • Manuel Vidal Portela
      • Carballal
      • Álvarez Limeses

Dende as 09.45 horas até ás 13.00 horas disputaranse 600 encontros en 30 pistas entre rapaces de 3º a 6º de Primaria, nas categorías masculina, feminina e mixta.

Como premio, todos os rapaces recibirán unha camiseta de cor distinta, por centro educativo, e a bebida necesaria para a hidratación.

3×3 baloncesto cartel

Compartir publicación: