Volve o Conservatorio na rúa para achegar a música a todos os públicos

A Concellaría de Cultura e o Conservatorio Música Manuel Quiroga volven colaborar, un ano máis, no programa do Conservatorio na rúa que pretende achegar a música ao público nas prazas da cidade.

O programa ten dúas citas: o 31 de maio e o 1 de xuño, na praza do Teucro ás 19.30 horas.

O mércores 31 de maio actuarán as dúas bandas do conservatorio, a primeira baixo a batuta de Iago Lariño e a segunda dirixida por Jose Pérez. Ambas agrupacións están integradas por alumnos de grao profesional, das especialidades de vento e percusión.

O xoves, 1 de xuño, actuarán a Brass Banda, dirixida por Sebastián Magdalena, e dous quintetos de cámara tutelados por Francisco Mora.

Para máis información:

Jose Pérez, vicedirector do Cmus Manuel Quiroga. 886 15 15 45

Compartir publicación: