CRISTINA PONTANILLA. Fotógrafa

Góstalle posar.

Esta rapaza de Ourense veu a Pontevedra e montou un estudio no que aparte de facer fotos dá clases. Góstalle a docencia e seguro que o fai moi ben, de feito ten un proxecto para montar unha escola de audiovisuais.

Participou ou participa no Teck fest, no Puntazo, na Sétima Feira e é creativa visual de grupos de música. Agora mesmo, participa nunha exposición, A Linterna Máxica.

Compartir publicación: