Pontevedra acollerá este sábado as Xornadas da Muller organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e CIG-Ensino. É a primeira vez dende a súa creación que as xornadas se celebran fora de Santiago, a petición expresa da ASPG. O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Muller que xestiona Carmen Fouces apoia estas conferencias que se impartirán a partir das 09.45 horas do sábado nas instalacións do Casino Mercantil da praza de Curros Enríquez.
Segundo relatou a concelleira de Benestar Social, as ponencias abordarán a complexa realidade sexista das mulleres en relación coas novas tecnoloxías. A existenza de estereotipos e roles perxudiciais xorde de igual forma nos entornos dixitais, actuando en detrimento da desexada igualdade entre homes e mulleres.
Entre as conferenciantes, figuran Luz Castro Pena (profesora na Universidade da Coruña), Ana Méndez-Irigorri Sánchez (licenciada en Socioloxía e Psicoloxía), Teresa González Piñeiroa e Inés García Seijo (profesoras do IES da Mariña), Mª Olga Rodríguez Días (profesora de CEIP Milladoiro de Malpica), e María Reimóndez (escritora, tradutora e intérprete).
Asimesmo, será representada unha obra teatral de carácter cómico a cargo das actrices Camila Bossa e Iolanda Muíños, nominadas aos Premios María Casares, que servirá para pechar as xornadas.
A inscripción mantén a súa gratuidade, e pode efectuarse mediante as páxinas webs das asociacións colaboradoras: CIG-Ensino e ASPG www.as-pg.com ou en www.cig-ensino.com
A Consellería de Educación homologa oito horas formativas ós asistentes, na súa maioría profesionais docentes de diversos centros de ensino galegos.
Pontevedra acolle este sábado as XI Xornadas da Muller da ASPG e CIG-Ensino
- Novas
Compartir publicación: