O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González presentou esta mañá os datos económico-financieiros do Concello de Pontevedra, aproveitando a dación de conta da Conta Xeral do Concello 2014 na Comisión de Economía celebrada esta mañá. Segundo os datos que obran no propio informe do Órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade, “incrementan as ratios que son positivas para o Concello”, explicaba Raimundo González
O ratio de liquidez inmediata (que debe ser, alomenos, de 1) paso de 1,41 en 2013 a 1,52 en 2014.
A solvencia a curto prazo pasou de 4,11 a 4, 65 (o ratio non debe ser inferior a 2,01)
O endebedamento por habitante pasou de 266,82 euros en 2013 a 210,18 en 2014
Na execución dos ingresos o ratio pasou de 0,89 a 0,92 en 2014.
2Estes indicarores amosan a boa a saúde económico-financieira do Concello: pouca débeda e bos ratios de liquidez e solvencia”, explicou Raimundo González.
Indicadores económico-financieiros
Raimundo González Carballo: