Máis un ano organízase en Pontevedra o Apadriña Jam, un evento cultural e deportivo que integra skate, graffiti e baloncesto.
O Apadriña xorde da iniciativa dun grupo de rapaces de Pontevedra afeccioados a todas estas disciplinas e que soen utilizar as pistas deportivas de Campolongo como espazo de encontro para practicar todas estas afeccións e que levan xa seis edicións buscando apoios organizativos para levar a cabo unha Jam pola que pasan cada ano, máis de 500 mozos e mozas de toda Galicia e visitantes da nosa cidade.
Dende o ano 2011 este evento xuvenil conta cada verán co apoio organizativo da Concellaría de Xuventude, que a través do seu programa xuvenil “Ponteverán” lle dá soporte técnico e difusión pública. Ao mesmo tempo, contan coa colaboración doutros entes municipais como son o Local de Música e o Instituto Municipal de Deportes a través da cesión de materiais, medallas e trofeos.
O programa previsto para esta 6ª Jam contempla a simultaneidade das distintas disciplinas ao longo de toda a xornada.
Ao remate da xornada e terá lugar a entrega de premios dos torneos de skate e graffiti, grazas á colaboración e patrocinios de diferentes marcas deportivas e de tendas afíns a estas disciplinas.
A organización convida á participación libre aberta de xente de todas as idades para presenciar un evento organizado pola mocidade de Pontevedra, e poder así gozar con eles das súas destrezas e habilidades, nun contorno lúdico e cultural para toda a xornada deste sábado 25 de xullo nas Pistas deportivas de Campolongo.
|
Apadriña Jam 6.0 |
||||
|
HORARIO |
GRAFFITI |
BASKET |
SKATE |
|
|
8 – 10h |
Montaxe do evento ( módulos, carpas, delimitación das canastas) |
|||
|
10 – 10:30h |
Exhibición |
Inscrición equipos |
Inscrición skaters sub 16 |
|
|
10:30–14h |
Liguiña |
SKATE SUB 16 |
||
|
14 – 16h. |
DESCANSO |
|||
|
16 – 18:30h |
Exhibición |
Liguiña e Clasificatorias ata semifinais (incluída) |
Liguiña e Clasificatorias ata semifinais ( incluída) |
|
|
18:30 – 19h |
Campionato triples e mates |
|||
|
19 – 20:30h |
FINAL DE BASKET |
FINAL SKATE |
||
|
20:30h |
ENTREGA TROFEOS E PREMIOS |
Máis información: mailto:jam.apadrina@gmail.com
Bo día, Gabinete de Comunicación