A Comisión de Infraestruturas aprobou esta mañá (coa abstención do grupo municipal do Partido Popular) a revisión das tarifas de taxis para 2014 solicitadas pola Asociación de autopatronos de Pontevedra. Como xa se informara na Xunta de Goberno, a revisión supón un incremento dun 1,5%, propoñendo as seguintes tarifas:
TARIFA 1
Baixada de bandeira 1,86€
Km percorrido 0,91€
Hora de espera 17,16€
TARIFA 2
(nocturna, festivos e fin de semana)
Baixada de bandeira 2,08€
Km. Percorrido 1,25€
Hora de espera 18,54€
Bultos 0,48€
O Concello, logo da súa aprobación polo Pleno, trasladará esta proposta á Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, encargada da súa aprobación.