Anabel Gulías: “Preocúpanos moito a banalización das violencias machistas, hai formacións políticas e formacións que pactan con elas que, incluso, negan a existencia da violencia machista”
A campaña comezará o vindeiro venres, 6 de novembro, ás 11.30 horas horas co despregamento dunha faixa coa lenda na fachada da Casa Consistorial.
Os pasos para enfrontar a violencia machista son básicos: NON mates mulleres, NON agredas mulleres, NON acoses mulleres e NON permitas que ningún colega teu salte os pasos anteriores
O 25N instalaranse duas novas pezas na instalación en memoria das vítimas das violencias machistas (praza da Audiencia)na honra de María Belén Fernández, 52 anos, Mos (Pontevedra) e María Lidia Conde Souto, 81 anos, Ponteareas (Pontevedra),
A banalización e naturalización das violencias machistas, e mesmo a negación da súa existencia, amplificadas nas redes sociais, van calando como gota miúda na opinión pública. Neste escenario chega a nova campaña do 25-N Guía fácil para acabar coa violencia machista en 4 sinxelos pasos do Concello de Pontevedra.
A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou hoxe os ítmes da campaña municipal e as actividades violetas que arrodearán, durante todo o mes e a recta final do ano, ó Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller (25N) subliñando que “se pasaron todos os límites” e unha vez máis hai que explicar que a violencia de xénero é un problema estrutural. E se é estrutural, engadiu, “resólvese interpelando a eses homes que seguen violentando ás mulleres, que as seguen agredindo, acosando e matando e sempre polo feito de ser mulleres”.
“Preocúpanos moito a banalización das violencias machistas, hai formacións políticas e formacións que pactan con elas que, incluso, negan a existencia da violencia machista e ese discurso estase naturalizando” indicou a concelleira Anabel Gulías.
A campaña municipal tira de retranca á hora de enumerar os “sinxelos pasos” a seguir, unhas directrices simples e básicas para que todos poidan entendelas. Os tres primeiros chanzos interpelan directamente aos homes-agresores, porque son eles os que exercen a violencia: “NON mates mulleres, NON agredas mulleres, NON acoses mulleres. E o cuarto: NON permitas queningún colega teu salte os pasos anteriores, interpélanos a todos e todas como sociedade, como colectivo. “Non ser cómplices das agresións, non mirar para outro lado, non calar, non reproducir discursos de odio, non naturalizar a violencia e non e non cruzar liñas vermellas é o noso deber como sociedade” enumerou a concelleira de Igualdade
Durante o mes de novembro, e arredor do 25-N, e ata final do ano Pontevedra tínguese de violeta coa seguinte programación:
PROGRAMACIÓN 25-N
- Campaña 25-N: Guía fácil para acabar coa violencia machista en 4 sinxelos pasos
- Venres 6 de novembro, ás 11.30 horas. Despregamento da instalación artística coa imaxe e lema da campaña 25-N na fachada da Casa Consistorial
2. Lectura do manifesto do Día contra as violencias machistas
- Luns 16 novembro, ás 11.00 horas ao inicio do Pleno Municipal. O manifesto, nesta ocasión, corre a cargo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (farase difusión do vídeo da gravación a través da páxina web e redes do Concello)
3. Visita institucional á instalación en memoria das vítimas de violencia machista (praza da Audiencia) e colocación de dous novas placas
- Mércores 25 de novembro. Colocación de dúas novas pezas na honra de María Belén Fernández, 52 anos, Mos (Pontevedra), asasinada pola ex-parella o 01/02/2026 e MaríaLidia Conde Souto, 81 anos, Ponteareas (Pontevedra), asasinada polo seu fillo o 13/09/2026 (feminicidio familia)
4. Instalación de Puntos Lila nos Institutos da cidade.
- A partir do 3 de novembro. Reparto de material informativo sobre violencia de xénero e espazo de escoita e asesoramento sobre violencia de xénero, baixo o lema O feminismo é bó tamén para ti. Ademais, en coordinación co profesorado e Anpas, haberá charlas nos centros educativos.
5. Camiño Violeta e instalación de dous novos azulexos no mural en honra das vítimas da violencia de xénero da Casa Azul
- Domingo 22 de novembro. Roteiro violeta con Asampo e instalación das novas pezas no mural en memoria das vítimas da violencia machista do Estado.
6. Faladoiros Feministas- Outono Violeta
Comezaron na última semana de outubro co faladoiro Vivir sabendo que a túa exparella quixo matarte: violencia machista na Deep Web” sobre o primeiro caso documentado en España de intento de asasinato a través da ‘deep web’ ocorrido en Pontevedra, coa xornalista Esperanza Escribano.
- Faladoiro 2, A realidade oculta das violencias sexuais en mulleres e nenas con diversidade funcional, coa presentación da Guía de recursos educativos violencia de xénero en mulleres e nenas con parálise cerebral. Contaremos cunha das súas autoras, Rosa Blanco (compoñente de ASPACE) e Paula Salgueiro (técnica de Amencer-ASPACE). Modera a xornalista María Hermida(La Voz de Galicia). Martes 10 de novembro no Edificio Maruxa Mallo (antigo conservatorio), ás 19.00 horas
- Faladoiro 3, Puntadas contra as violencias. Faladoiro-obradoiro de bordado grupal con Lúa Mosquetera e Maritza Berttolini. Modera a Susana Pedreira (Onda Cero). Venres, 20 de novembro no Edificio Maruxa Mallo, ás 19.00 horas
- Faladoiro 4. La Nuestra, arquivo vivo para compartir testemuñas de mulleres sobre violencia sexual coa xornalista e acivista Cristina Fallarás e unha das co-impulsoras da rede social de Acción Comadres Xoves, 10 de decembro
7. Premios Feroz. Ciclo Rompendo o canon: películas e coloquios con mulleres cineastas
- Venres 6 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película Cerdita (ç2022) de Carlota Pereda. Posterior coloquio coa directora do filme
- Luns 9 de novembro, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película Creatura (2023) de Elena Martin Gimeno. Posterior coloquio coa directora do filme
- Luns 16 de novembro, ás 20.30 horas na Facultade de Deseño da Uvigo en Pontevedra. Conversando sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao.
- Venres 20 de nove Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra, ás 19.00 horas na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película O Corno (2023) de Jaione Camborda. Posterior coloquio coa directora do filme
- Luns 23 de novembro, ás 19.00 na Facultade de Comunicación da Uvigo en Pontevedra. Proxección da película Destello bravío (2021) de Ainhoa Rodríguez. Posterior coloquio coa directora e guionista do filme.
- Pontevedra Multicultural. Ciencia pola igualdade. Concello e Gciencia levan o proxecto ás redes socias para visibilizar o nesgo de xénero e raza no eido centífico. Sete pezas audivisuais en Instagram e TikTok sobre científicas racializadas, exemplos de nesgo de xénero, o esquecemento das mulleres nos ensaios clínicos ou a pegada de mulleres pontevedresas na ciencia, na historia e no presente. A primera peza colgouse o mércores 25 de outubro e sairán todos os mércores de novembro máis os dous últimos venres do mes.
Ademais:
- Curso de defensa persoal, autocoidado e benestar. Método Sakura (Sensei Jatsume. Traballa tamén o empoderamento físico e emocional. Despois do éxito da edición celebrada en 2025, poñemos en marcha unha versión máis extensa (e intensa) desta actividade, con 30 horas de duración. Para mulleres a partir dos 16 anos. O curso botou a andar o 26 de outubro e ten unha duración de seis semanas
- Obradoiro Xuntas 2026 de crecemento persoal e empoderamento para mulleres en situación de vulnerabilidade. Este programa está deseñado como un espazo de auto-coidados e acompañamento emocional, dirixido principalmente a usuarias do CIM, co obxectivo de fortalecer a súa autonomía, autoestima e saúde integral. Crea un entorno seguro para tecer unha rede de apoio mutuo empregando como ferramentas a escoita activa e a expresión creativa e corporal como a música e a danza. En marcha desde o pasado 27 de outubro.