O Concello impulsa un proxecto integral de 194.674 euros para a mellora técnica, estética e de seguridade da ponte sobre Eduardo Pondal 

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou a tramitación do proxecto para resolver de xeito definitivo os danos causados polos impactos recurrentes de vehículos pesados na estrutura
A intervención inclúe o revestimento exterior con paneis de aceiro Cortén, un novo sistema de iluminación e a instalación de potentes vigas de ferro como elementos de protección estrutura 

O Concello de Pontevedra presentou un proxecto integral destinado á mellora técnica, estética e de seguridade da ponte da avenida de Vigo (situada sobre a avenida de Eduardo Pondal), a antiga ponte do tren. Segundo explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a actuación ten como obxectivo resolver de xeito definitivo os problemas derivados do gálibo insuficiente da infraestrutura e o desgaste continuado provocado polos impactos de camións que non respectan a gálibo.

O proxecto contempla a retirada completa dos elementos e pezas de aluminio actuais que presentan danos visibles polos golpes dos vehículos pesados. Na súa substitución, a estrutura exterior revestirase con paneis de aceiro Cortén, un material elixido pola súa alta durabilidade, baixo mantemento e elevadas prestacións fronte ás condicións climáticas e aos impactos.

Como solución principal para garantir a seguridade e evitar futuros danos na estrutura, prevese a colocación de dúas potentes vigas de acero laminado (tipo HEB de 70 cm por 30 cm). Estas vigas irán ancladas nos pilares aos dous lados da ponte, situadas lixeiramente por diante da estrutura, para funcionar como elementos de reforzo que absorban posibles golpes de vehículos que superen a altura permitida, protexendo así a integridade da ponte e dos novos acabados. O rexedor precisou que o gálibo orixinal da infraestrutura non se verá modificado.

A intervención inclúe tamén a instalación dun novo sistema de iluminación, deseñado para funcionar tanto de día coma de noite. Esta iluminación permitira unha lectura máis clara dos límites da infraestrutura, advertindo aos condutores e poñendo en valor a propia estrutura durante o período nocturno.

A obra conta cun orzamento total de 194.674 euros e o proxecto xa foi remitido ao departamento de contratación. O alcalde indicou que se prevé a súa tramitación anticipada para axilizar o proceso e executalo coa maior rapidez posíbel.

Captura de pantalla 2026 10 08 a las 14.27.24
Recreación.
Captura de pantalla 2026 10 08 a las 14.27.30
Recreación.
Captura de pantalla 2026 10 08 a las 14.27.35
Recreación.

Compartir publicación: