Chega unha nova edición dos obradoiros para cativada ‘Xogando coa arte’, impartidos por Migallas no Pazo da Cultura

A recepción de preinscricións terá lugar entre o luns 14 e o martes 22 de setembro no correo migallas@migallas.gal. Máis información no seu web.

As preto de 100 prazas destinadas a cativada entre os 5 e os 11, estarán divididas en función da idade en 3 grupos.

Os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical contarán cun total de 10 sesións entre outubro e decembro.

As concellerías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organizan unha vez máis os obradoiros impartidos por Migallas Teatro baixo o nome ‘Xogando coa arte’. Dirixidos a cativada entre os 5 e os 11 anos, terán lugar nas instalacións do Pazo da Cultura actividades deexpresión dramática, plástica e musical, así coma xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego. O prazo de preinscrición permanecerá aberto entre o vindeiro luns 14 e o martes 22 de setembro (ambos inclusive) no correo migallas@migallas.gal.

Cada obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre outubro e decembro, a razón dunha sesión semanal segundo os seguintes grupos:

Taller 1: de 8 a 11 anos                                     Taller 3: de 5 a 7 anos

Os luns de 18.00 h a 19.30 h                               Os xoves de 17.30 a 19.00 h                          

Número de prazas: 25                                     Número de prazas: 35

Comezo: 5 de outubro                                    Comezo: 15 de outubro                                  

Taller 2: de 5 a 7 anos

Os mércores de 17.30 h a 19.00 h

Número de prazas: 35

Comezo: 14 de outubro

A actividade trimestral terá un prezo total de 50€ con todo o material incluído.

Preinscrición: do 14 ao 22 de setembro enviando un correo a migallas@migallas.gal cos seguintes datos:

Nome e apelidos do neno/a:

Idade:

Nº de taller:

Nome de familiar ou titor/a de contacto:

Número de teléfono do adulto de contacto:

Enderezo postal:

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes no termo municipal de Pontevedra. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase directamente con Migallas Teatro na sesión da comezo da actividade.

Máis información en https://migallas.gal/xogando-coa-arte/

Compartir publicación: