O Concello de Pontevedra pon en marcha unha
campaña especial co obxectivo de promover, apoiar e
visibilizar o comercio local.
Esta iniciativa busca recoñecer e poñer en valor o papel esencial do pequeno comercio, que cada día contribúe a manter viva a actividade económica e social da nosa cidade, enchendo de vida e identidade as nosas rúas.
O valor dunha compra vai moito máis alá do prezo:
está na proximidade, na confianza e en saber que o que mercas contribúe a manter vivo o comercio local.
Esta campaña busca impulsar o comercio local, fomentando as compras nos establecementos da cidade.
Do 23 de novembro ao 13 de decembro, por cada compra
igual ou superior a 20€ nos comercios participantes,
recibirás un vale para trocar por un café (ou unha auga) en
panadarías Acuña e A’Devesa do concello de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
"*" indica os campos obrigatorios